Aviso legal


Redeiras.net, con domicilio en Ourense e representada por Adriana Pérez, con NIF 44472438Y, pon a disposición no seu sitio web determinados contidos de carácter informativo sobre as súas actividades.

As presentes condicións xerais rexen única e exclusivamente o uso do seu sitio web por parte dos USUARIOS que accedan ao mesmo. As presentes condicións xerais expóñense ao USUARIO no seu sitio web en todas e cada unha das páxinas e cada vez que un USUARIO introduce os seus datos nos formularios existentes, para que as lea, as imprima, arquive e acepte a través de internet, non podendo o USUARIO introducir os seus datos efectivamente sen que se produza esta aceptación.

O acceso ao sitio web de Redeiras.net implica sen reservas a aceptación das presentes condicións xerais de uso que o USUARIO afirma comprender na súa totalidade. O USUARIO comprométese a non utilizar o sitio web e os servizos que no mesmo se ofrecen para a realización de actividades contrarias á lei e a respectar en todo momento as presentes condicións xerais.

PRIMEIRA. CONDICIÓNS DE ACCESO E USO

1.1. A utilización do sitio web de Redeiras.net non ocasiona a obrigatoriedade de inscrición do USUARIO, a non ser que este USUARIO desexe utilizar a base de datos de artigos existentes no mesmo onde será preciso que se rexistre cubrindo un formulario básico; esta subscrición rexerase polas condicións xerais específicas. As condicións de acceso e uso do presente sitio web réxense estritamente pola legalidade vixente e polo principio de boa fe comprometéndose o USUARIO a realizar un bo uso da web. Quedan prohibidos todos os actos que vulneren a legalidade, dereitos e intereses de terceiros: dereito á intimidade, protección de datos, propiedade intelectual etc.

Expresamente Redeiras.net prohibe os seguintes:
1.1.1. Realizar accións que poidan producir no sitio web ou a través do mesmo, por calquera medio, calquera tipo de dano aos sistemas de Redeiras.net ou a terceiros.
1.1.2. Realizar sen a debida autorización calquera tipo de publicidade ou información comercial directamente ou de forma encuberta, o envío de correos masivos (spaming) ou envío de grandes mensaxes co fin de bloquear servidores da rede (mail bombing).

1.2. Redeiras.net poderá interromper en calquera momento o acceso ao seu sitio web se detectara un uso contrario á legalidade, a boa fe ou ás presentes condicións xerais –ver cláusula quinta.

SEGUNDA. CONTIDOS

Os contidos incorporados neste sitio web foron elaborados e incluídos por:
2.1. Esta páxina web utiliza fontes internas e externas de tal xeito que Redeiras.net unicamente se fai responsable polos contidos elaborados de forma interna.
2.2. Redeiras.net resérvase o dereito a modificar en calquera momento os contidos existentes no seu sitio web.

TERCEIRA. DEREITOS DE AUTOR E MARCA

Queda prohibida a utilización allea por calquera medio da marca de Redeiras.net, que inclúe tanto o nome coma o logotipo, salvo consentimento expreso de Redeiras.net. Quedan reservados todos os dereitos. Ademais, o sitio web de Redeiras.net –os contidos propios, a programación e mais o deseño do sitio web– encóntrase plenamente protexido polos dereitos de autor, quedando expresamente prohibida toda reprodución, comunicación, distribución e transformación dos referidos elementos protexidos salvo consentimento expreso de Redeiras.net.

CUARTA. XURISDICIÓN E LEI APLICABLE

As presentes condicións xerais réxense pola lexislación española. Son competentes para resolver toda controversia ou conflito que se derive das presentes condicións xerais os Xulgados pertinentes, renunciando expresamente o USUARIO a calquera outro foro que puidese corresponderlle.

QUINTA

En caso de que calquera cláusula do presente documento sexa declarada nula, as demais cláusulas seguirán vixentes e interpretaranse tendo en conta a vontade das partes e a finalidade da mesma das presentes condicións. Redeiras.net poderá non exercitar algún dos dereitos e facultades conferidos neste documento, o que non ocasionará en ningún caso a renuncia aos mesmos salvo recoñecemento expreso por parte de Redeiras.net.