Sobre nós

Sobre nós

Tecemos as redes coas que capturarás os mellores resultados​!​

Ofrecemos servizos integrais de deseño e marketing,
adaptándonos as túas necesidades:
desde proxectos globais a creacións puntuais

Queremos pór a túa disposición a nosa creatividade e experiencia -que supera xa os 10 anos de traballo- no eido da comunicación visual, así como ofrecerche solucións axeitadas para ter unha boa presenza online e accións de marketing adaptadas aos medios dixitais

O proceso que seguimos:

1

ESCOITAMOS O QUE QUERES

Precisamos coñecer a túa empresa, a túa marca ou produto
Escoitaremos as túas ideas, as referencias que aportes e o que queres transmitir

2

ANALIZAMOS E BOSQUEXAMOS

Estudaremos a información recibida e o público ao que queres chegar
Porémonos man a obra para dar co estilo que se axeite aos obxectivos que queres acadar

3

CREAMOS

O apartado máis divertido onde manifestamos toda a nosa creatividade:
deseñamos o logotipo, creamos a páxina web que necesitas, executamos as estratexias precisas nas redes sociais…
Poderás ver os nosos apuntamentos para que nos podas axudar na evolución do traballo!

4

REVISAMOS

Comprobamos que todo funciona, que é do teu agrado e que cumpre os obxectivos marcados inicialmente

5

PUBLICAMOS

Finalizamos co proceso: preparamos artes finais para a imprenta, publicamos a web ou facemos unha análise para medir os resultados obtidos nas nosas estratexias de marketing online

Algúns proxectos persoais nos que exercemos de redeiras:

Mostra virtual das obras, artes e maestrías de Adri e de minux

Deseño Gráfico
Imaxe corporativa
Desenvolvemento Web
Catálogo online

Asociación que promove a creatividade, o contacto coa natureza e o benestar emocional

Deseño Gráfico
Imaxe corporativa · Material publicitario
Desenvolvemento Web
Web corporativa
Marketing Online
Redes sociais

Asociación impulsora de proxectos culturais e edicións

Deseño Gráfico
Imaxe corporativa · Creación editorial
Desenvolvemento Web
Comercio electrónico
Marketing Online
Redes sociais

Espazo online que recomenda pobos, rutas, tascas e calquera lugar especial do país

Deseño Gráfico
Imaxe corporativa
Desenvolvemento Web
Web corporativa
Marketing Online
SEO · SEM · Redes sociais