Redeiras.net

Sobre o comercio electrónico

ESTÁS A PENSAR NA POSIBILIDADE DE DAR O SALTO Á VENDA POR INTERNET?  Segue lendo...

Que é unha tenda online?

O primeiro que temos que ter claro é que unha páxina web non é unha tenda online. Na páxina web podemos amosar a nosa empresa, os produto e/ou servizos que ofertamos, a localización do noso negocio, formularios de contacto… Estaríamos falando dunha web corporativa. Este tipo de webs son tamén importantes pois, tendo en conta a situación actual, a presenza en internet é indispensable.

Sen embargo, a tenda online é unha páxina feita para vender e vender soa, as súas características e deseño oriéntanse a que sexa o cliente o que faga o proceso de compra. A empresa encargarase simplemente do envío do produto. A priori parece sinxelo, mais hai moitos factores a ter en conta.

Características técnicas dunha tenda online que resulte rendible

  • Usabilidade. A experiencia do posible comprador navegando pola nosa tenda ten que ser sinxela e intuitiva. O cliente debería atopar o que busca rapidamente e sen moitas complicacións. Deberíamos axudalo con ferramentas como filtros, buscadores internos…
  • Presentación atractiva. Aínda que relacionado coa usabilidade é diferente. Neste caso falamos da estética. Da mesma maneira que un escaparate atractivo fai que entremos nunha tenda, unha web cun deseño traballado e tendo en conta os perfiles dos nosos potenciais compradores, resulta fundamental.
  • Con toda a información e sempre actualizada. Unha das desvantaxes da compra por internet, é a imposibilidade de tocar o produto. Con fotos, vídeos, descricións temos que conseguir que o usuario se poida facer unha idea do que vai mercar.
  • Plataformas de pago seguras. Que dan confianza ao cliente.

Outros factores importantes

  • Atención ao cliente. Aínda que non tratemos con el de forma presencial, é fundamental ofrecer un bo servizo unha vez realizada a compra, atender as súas consultas, ofrecer alternativas…
  • Emprego das RRSS. Engaden confianza, proximidade, permítenos facer publicidade para aumentar o tráfico de clientes…

Vantaxes de “dar o salto” á venda por internet

  • Os teus artigos/servizos chegarán a moitísima máis xente. Poderás aumentar o teu número de clientes potenciais de maneira exponencial.
  • Aberto 24 horas ao día/7 días á semana. As túas ventas poderanse facer non só en calquera lugar se non a calquera hora.
  • Comunicacións electrónicas. Podemos informar aos nosos clientes de maneira automática e de balde.
  • Información analítica. Internet nos permite estar ao tanto do que está a funcionar e do que non, que é o que máis buscan os nosos clientes, que lles chama a atención ou en que momento abandonan a nosa tenda…
  • Distribución sinxela.

Ligazóns de interese
http://www.ey.com/Publication/vwLUAssets/ey-informe-de-evolucion-y-perspectivas-ecommerce-2017/$FILE/ey-informe-de-evolucion-y-perspectivas-ecommerce-2017.pdf
https://elpais.com/economia/2017/07/07/actualidad/1499416566_148415.html


Quéresnos solicitar orzamento sen compromiso?