
Deseño e desenvolvemento Web
Tecnoloxías dixitais para ter unha boa presenza online
WEB PRESENCIAL
Para pequenos comercios e negocios que simplemente pretendan figurar en internet cunha sinxela páxina web, responsive e autoxestionable
CATÁLOGO ONLINE
Para quen precise mostrar información estruturada e clasificada dos seus produtos, con posibilidade de ser actualizado e con ferramentas de busca rápidas e áxiles
WEB CORPORATIVA
Empresas, profesionais ou entidades que queren ter unha boa presenza en Internet incluíndo calquera tipo de información: textos, imaxes, vídeos, novas, calendarios…
COMERCIO ELECTRÓNICO
Con todas as funcionalidades dunha páxina web corporativa e do catálogo de produtos, máis as opcións propias dunha tenda online preparada para xestionar clientes e procesar pedidos
Os nosos deseños son responsive, adaptables a todos os formatos de pantalla, smartphones, tablets, etc.
Ofrecemos servizos de mantemento web e soporte de axuda ao usuario para que poda autoxestionar os seus contidos web.
Encargámonos da xeración de textos legais obrigatorios: aviso legal e política de cookies.