Redeiras.net

Sobre nós

Ola somos Adriana, Raquel e Marita,
queremos axudarte co teu proxecto ou empresa,
fala con nós 🙂

Adriana Pérez. Redeiras.net
Adriana Pérez
Deseñadora gráfica e creadora web
Raquel Rodríguez. Redeiras.net
Raquel Rodríguez
Marketing online e fotógrafa
Marita Carmona. Redeiras.net
Marita Carmona
Xestión de redes sociais e ilustradora
O noso proceso de traballo:
1
ESCOITAMOS
Queremos coñecer o teu proxecto, empresa ou marca

Escoitaremos as túas ideas, as referencias que aportes e o que queres transmitir e porémonos mans á obra para dar co teu estilo e valores

2
CREAMOS
Solucións creativas axeitadas aos teus obxectivos

Deseñamos o logotipo, creamos a páxina web que necesitas, executamos as estratexias precisas nas RRSS. Poderás ver os nosos apuntamentos para que nos podas axudar na evolución do proxecto

3
PUBLICAMOS
Finalizamos co proceso

Preparamos artes finais para a imprenta, publicamos a web, creamos contidos de valor para as túas RRSS e poñemos en marcha as campañas para dar máis visibilidade ao teu negocio

4
ACOMPAÑAMOS
O noso traballo non remata aquí

Medimos e analizamos os resultados para que o teu proxecto mellore día a día. Estaremos á túa disposición sempre que nos precises!