
Markentig online
Estratexias axeitadas axudan a conseguir maior visibilidade e aumentar as túas vendas
REDES SOCIAIS
Identificamos ao teu público nas RRSS apropiadas, creando unha comunidade: un espazo no que poidan interactuar e ter un servizo de atención ao cliente personalizado
ANALIZAMOS AS TÚAS REDES SOCIAIS
Xa tes uns perfís creados en distintas Redes Sociais pero non sabes moi ben se lle estas a sacar o máximo rendemento. Elaboraremos un informe coas áreas de mellora e darémosche as ferramentas adecuadas para lle dar un impulso ás túas vendas
CREACIÓN DUN PLAN DE SOCIAL MEDIA
Queres ser ti quen leve as Redes Sociais así que nós trazarémosche unha folla de ruta pormenorizada que che servirá de guía para non deixar nada ao azar na túa estratexia de Redes Sociais
XESTIONAMOS AS TÚAS REDES SOCIAIS DE MANEIRA INTEGRAL
Poderás delegar toda a xestión de Redes e nós elaboraremos tanto o Plan de Social Media, a estratexia e creación de contido e atenderemos á túa comunidade. Así mesmo facilitarémosche reportes continuos
OUTROS SERVIZOS DE MARKETING ONLINE
POSICIONAMENTO (SEO)
Optimizamos a túa web para favorecer o teu posicionamento en buscadores e desta maneira darte a coñecer e chegar ao teu público
CREACIÓN DE CONTIDOS
Ofrecer contido de calidade e actualizalo con frecuencia axudará a conectar co teu público, a posicionar mellor a túa páxina e a subir posicións nos principais buscadores
PUBLICIDADE ONLINE
Podemos xestionar as túas campañas tanto en Google Ads como en Facebook Ads, que permiten a obtención de resultados a curto prazo
FOTOGRAFÍA PARA REDES
O impacto visual nas Redes Sociais é fundamental. Amosamos os teus produtos de maneira creativa e sempre acorde coa imaxe da túa empresa