
Sobre nós
Tecemos as redes coas que capturarás os mellores resultados!
Ofrecemos servizos integrais de deseño e marketing,
adaptándonos as túas necesidades:
desde proxectos globais a creacións puntuais
así como ofrecerche solucións axeitadas para ter unha boa presenza online e accións de marketing adaptadas aos medios dixitais
O proceso que seguimos:
1
ESCOITAMOS O QUE QUERES
Precisamos coñecer a túa empresa, a túa marca ou produto
Escoitaremos as túas ideas, as referencias que aportes e o que queres transmitir
2
ANALIZAMOS E BOSQUEXAMOS
Estudaremos a información recibida e o público ao que queres chegar
Porémonos man a obra para dar co estilo que se axeite aos obxectivos que queres acadar
3
CREAMOS
O apartado máis divertido onde manifestamos toda a nosa creatividade:
deseñamos o logotipo, creamos a páxina web que necesitas, executamos as estratexias precisas nas redes sociais…
Poderás ver os nosos apuntamentos para que nos podas axudar na evolución do traballo!
4
REVISAMOS
Comprobamos que todo funciona, que é do teu agrado e que cumpre os obxectivos marcados inicialmente
5
PUBLICAMOS
ou facemos unha análise para medir os resultados obtidos nas nosas estratexias de marketing online
Algúns proxectos nos que exercemos de redeiras:
Tenda de creacións das Redeiras.net: artesanía e ilustración
Empresa organizadora de bodas e eventos
Espazo online que recomenda pobos, rutas, tascas e calquera lugar especial do país