Redeiras.net

Uso de hashtags en Instagram

QUE SON OS HASHTAGS E O SEU USO

Antes de ver o uso dos hashtags en Instagram, imos ver que son exactamente. Son palabras ou grupos de palabras precedidas polo símbolo # que se empregan para contextualizar ou identificar un determinado contido. Inicialmente foi creado para Twitter pero o seu uso se estendeu a outras Redes Sociais e aplicacións.

  • Identifican mensaxes que teñan que ver con determinado tema
  • Clasifican o contido
  • Facilitan as procuras
  • Pódense medir para coñecer o seu alcance

OS BENEFICIOS PRINCIPAIS

  • Axudan a posicionar a túa marca
  • Podes clasificar contidos
  • Dan visibilidade ás túas publicacións
  • Podes chegar a xente que non te coñece

TIPOS DE HASHTAGS:

DE MARCA: Son os que identifican unicamente á túa marca e que a definen. Empregalos é recomendable para agrupar os teus contidos ou os contidos que publiquen outros sobre ti ou o teu produto.

DE CAMPAÑA: Empréganse para dar visibilidade a un evento, promoción… cunha duración determinada.

HASHTAGS XERAIS DE SECTOR, PRODUCTO OU SERVIZO: Identifican o sector da túa marca ou empresa, a súa filosofía ou valores ou a localización  se tes un negocio local.

DE CLIENTES: Serven para chegar ao teu cliente potencial.

Como usar hashtags

COMO EMPREGALOS

O primeiro consello de uso de hashtags en Instagram é que sempre os utilices, unha publicación con a lo menos un, chegará a un 12% máis de contas.

Busca, tendo en conta os catro tipos de hastags que hai, palabras clave que se poidan relacionar con estes catro puntos.

Non uses hashtags moi xenéricos porque se perderán nin moi específicos porque terán pouca visibilidade.

hashtag

 

Pon hashtags que definan o teu negocio ou marca, que contextualicen a túa publicación e non esquezas os que fan referencia ao teu cliente potencial!!

Emprega as suxestións que che ofrece Instagram no seu buscador para atopar hashtags relacionados (tendo en conta sempre o número de publicacións)

Procura varialos, desta maneira irás chegando a nova audiencia.

Non uses hashtags “spam” pois corres o risco de que o algoritmo te penalice. Ademáis esta clase nunca chega ao teu cliente potencial. Exemplos: #like4like #picoftheday… algúns están incluso prohibidos por Instagram. Podes consultalos nesta ligazón

Se subes contido ás historias de Instagram, utiliza un único hashtag

Aínda que Facebook permite o seu uso, persoalmente penso que non resulta demasiado estético e non vai axudar ao alcance. Aproveito para comentar que, se tes unha marca ou negocio, non debes aproveitar a publicación de Instagram para o Facebook.

 

Agardo que este contido sexa de utilidade para ti. Podes deixar en comentarios calquera dúbida que estaremos encantadas de axudarche.

E se queres sacar todo o proveito ás túas Redes Sociais, contacta con nós e falaremos das distintas opcións para gañar visibilidade e, en consecuencia, aumentar as túas posibilidades de venda!!